O xoves 23 de marzo, xuntouse todo o noso alumnado en Leiro para realizar moitas actividades:
-
Viñeron Uxía e Roque de “Ti si que es un
bo peixe” (dentro do programa Aliméntate Ben no que participamos) para
falarnos dos peixes que viven no mar. Con elas aprendemos un montón de cousas:
que cando nadan xuntos se chama bancos, cales se pescan con cana, con rede ou
nasas, a difícil tarefa que teñen os percebeiros para coller os percebes, como
collen os berberechos e ameixas as marisqueiras..
Tamén explicáronnos que beneficios nos proporcionan algúns peixes, algas e mariscos: pescada axuda a que funcione ben o corazón, a sardiña fai que vexamos mellor, o peixe sapo a que sexamos máis intelixentes, o linguado a que teñamos os dentes e ósos máis fortes, a robaliza da enerxía, a nécora limpa o noso corpo por dentro, o argazo (alga) a que as nosas defensas sexan máis fortes…
Despois
contactáronnos con Peix, co que cantamos e bailamos a canción de ti si que es
un bo peixe.
Para
rematar, os nenos dividíronse en dous grupos e nun pescaron e noutro fixeron
diferentes quebracabezas.
Agasalláronnos
cun gorro de cociñeiro.
- Fixemos unha pausa para merendar.
-
Recibimos a visita da etnóloga Patricia, que veu para falarnos da importancia
dos nosos sentidos. Díxonos que o olfacto é moi importante xa que todo o que
cheiramos vai ao cerebro, aprendemos con que partes da lingua notamos os
sabores doces, salgados, ácidos e amargos. Para acabar, os nenos participaron
en diferentes xogos de adiviñar cheirando, probando…
-
Tivemos un taller de degustación onde os nenos probaron diferentes froitos
secos e carnosos, e tamén xogaron a clasificar froitas de xoguete.
Para acabar esta xornada os nosos alumnos viron dous vídeos: "a Orca" e "a Tartaruga Laud".
Despois realizaron un debuxo sobre animais do mar, para o que utilizamos o libro “Como dibujar animales” de Susaeta para que fora máis sinxelo facelos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario