Na aula de natureza estivemos lendo o conto “No somos basura” de Los Rodríguez.
Trata dunha botella que imaxinaba unha vida
chea de aventuras, pero termina metida nun contedor amarelo de reciclaxe.
Con esta
lectura o que queremos é que os nosos nenos saiban que xeramos moito lixo, e as veces en vez de tiralo podemos darlle unha nova vida.
Despois estivemos rodeando, con rotulador verde, obxectos cos que podemos crear outros novos e, con rotulador vermello, aqueles que non.
Esta actividade vainos servir para poñer en marcha un caderno viaxeiro que levará por título “Dándolle unha nova oportunidade ao lixo” e, percorrera os fogares dos nosos alumnos coa intención de que non se tiren todos os obxectos, envases, etc… que temos por casa para poder crear con algúns deles cousas novas.
A nosa intención é concienciar da importancia de
reciclar e reutilizar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario