sábado, 4 de marzo de 2023

CANTAS ACTIVIDADES!

O xoves, 2 de marzo, nenos e mestres do CRA realizamos un montón de actividades en Leiro.

Para comezar este día os nenos colorearon un fondo do mar e despois pegamos peixes e mariscos por el. Tamén fixemos unha pulseira con unha tira da folla adhesiva onde poñía “Ti si que es n bo peixe”.

A continuación viñeron, dentro do Programa Aliméntate Ben no que participamos, Roi, Mar e Elisa para levar a cabo o obradoiro “Fai Clip ao teu Bocata” que ten como obxectivo facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos e nenas e incidir en que hai que ter unha dieta equilibrada e sa.

Estes monitores, o que primeiro fixeron foi explicarnos que é unha comida saudable, que o peixe é unha delas e podemos atopalo en conserva, que ferramentas se utilizan para pescalos…

Despois dividiron aos nenos en tres grupos para realizar e actividades: xogos de pesca e adiviñar a que grupo pertencen diversos alimentos e elección do bocadillo para merendar (tiñan para poñerlle polbo, sardiñas, mexillóns, leituga, queixo, tomate, olivas, pemento e cebola). E deixaron regalos para os alumnos.






Tamén veu Maruxa, unha hixienista dental, para explicarnos que fai ela cando imos ao dentista, que debemos facer para coidar os nosos dentes, como hai que lavalos, que non debemos comer para que non ter caries… Tamén puxo un precioso vídeo sobre o rato Pérez e deu para cada neno algúns agasallos.

Para rematar a mañá, realizamos xogos coa profe Malú.

No hay comentarios:

Publicar un comentario