María del Carmen, a mamá de Mateo de Sisán, mandounos unha foto do seu fillo comendo a coliflor que lle tocou con ovo, pataca e bacallau.
Leticia, a tía de Pablo, enviounos un collage con fotos so seu sobriño e a súa filla Aroa comendo a coliflor gratinada que preparou Susana a nai de Pablo.
Pilar, a nai de Alma de Ribadumia B, mandou fotos da súa nena co repolo que lle tocou e comendo a sopa que elaboraron con el.
Silveria, a mamá de Daniela de Sisán, tamén díxonos no seu correo que fixeron unha sopa co repolo que levou para comer na casa.
Aquí temos as fotos que enviou Tania, a nai de Brais da aula de Leiro, comendo o repolo que levou do colexio nun caldiño con patacas e cenoria.
Lorena,
a mamá de Antía de Leiro, mandounos unha foto da súa filla comendo un cocido ao
que lle botaron o repolo que lle tocou.
Laura,
a nai de Giancarlo de Ribadumia A, enviounos dúas fotos nas que o seu neno está
comendo a asa de cántaro con patacas, cenoria, carne cocida e ovo.
Loly,
a mamá de Sofía Agra de Lois, mandounos una foto da súa nena comendo o repolo
con polo cocido e patacas.
Oscar,
o papá de Valeria de Riobadumia B, enviounos unha receita que prepararon coas acelgas.
Engadíronlle ñoquis, cabaciñas e tomates cherry e fixérono ao forno. Dinos que
estaba delicioso!!
Recibimos no correo as fotos de Marta, a nai de Aarón de Leiro, nas que aparece o seu neno comendo a coliflor que lle tocou con patacas e ovo.
Leticia,
a nai de Aroa de Ribadumia B, mandounos unhas fotos da súa filla comendo as acelgas en tortilla
e as súas pencas rebozadas. Dinos que non é unha verdura que coman moito na
casa, pero sorprendeulle o rica que estaba.
Aquí
tedes un caldiño que prepararon na casa de Roi de Lois coas acelgas que levou. A foto enviouna Sandra,
a súa mamá, e nela podemos ver que ademais ten fabas, patacas, cenoria e chícharos.
Andrea, a nai de Adán de Ribadumia B, mandounos dúas fotos do riquísimo guiso que fixeron coas acelgas.
Tamén
recibimos unha foto que enviou Yolanda a mamá de Suri e Omar de Lois, comendo a
asa de cántaro e as acelgas respectivamente.
Angi, a nai de Josua de Ribadumia B, mandounos unha foto do seu fillo comendo as acelgas con carne.
GRAZAS
POLAS FOTOS FAMILIAS!!
QUE RICAS AS RECEITAS, E COMO COMEN SAN ESTOS NENOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario