martes, 30 de septiembre de 2014

PLANTAMOS VIOLAS NO NOSO XARDÍN

Os nenos e nenas da aula de Ribadumia B foron os primeiros en estrear o xardín, este curso 2014-15.  As plantas elixidas foron as violas.
Antes de iniciar esta tarefa, tiveron que poñer as luvas. Algúns despois de moito “pelexar” necesitaron axuda, pero todos intentaron facelo soiños…





Despois, na aula de natureza, estiveron escribindo o seu nome.


Se queredes ver máis fotos, pinchade neste ENLACE.

lunes, 29 de septiembre de 2014

PLANTAMOS LANDRAS…

Tomando como o exemplo o que nos conta Anxo Moure no seu libro “O carballo con botas”No CRA de Ribadumia estivemos plantando landras en zapatos vellos para que cando chegue a primavera medren carballos e, deste xeito, poidamos transmitir a mensaxe de que dentro do vello tamén pode xurdir vida.


Primeiramente, antes de plantar, estivemos poñendo as luvas para non manchar as mans de terra.



Despois saímos ao xardín a coller algunhas das landras que caeran dun dos carballos que temos.



Para finalizar, cada neno sementou landras dentro dun zapato vello.





Este foi o resultado da tarefa que estivemos realizando na aula de natureza.


Despois, na aula de natureza, estivemos escribindo o nome da semente e onde foi plantada. 


Se queredes ver máis fotos dos nenos plantando, pinchade AQUÍ.

domingo, 28 de septiembre de 2014

AS NOSAS MASCOTAS E FERRAMENTAS DO XARDÍN E INVERNADOIRO

Esta semana na aula de natureza…
- Estivemos traballando o nome das mascotas que nos van a axudar a que coidemos o medio ambiente. Ademais das creadas polos nosos alumnos, tamén coñeceron a Terri que é a de “Voz Natura” (programa medioambiental que subvenciona as actividades que realizamos en torno a recuperación e defensa da natureza).
Estás son as mascotas:
Verdiño: Que axuda a que respectemos e coidemos as plantas do noso xardín e invernadoiro.
Roquiña: Que quere que protexamos o Planeta, a través de acción como: reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais…
Terri: Que quere que colaboremos na conservación, recuperación e defensa da natureza.



- Observamos e traballamos os nomes das ferramentas que imos utilizar para plantar e acondicionar o noso xardín e invernadoiro e, as súas normas de utilización.





- Viron onde gardamos e como son, as sementes que imos recollendo no noso xardín e invernadoiro (forma, tamaño, cor…). 


martes, 16 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA…

O CRA de Ribadumia volve a formar parte, un curso máis,  da gran familia de VOZ NATURA…
O proxecto que presentamos, e que foi aprobado por este programa de educación medioambiental, leva por título: “Hai que cultivar con medios naturais para que os nosos produtos sexan máis saudables”
O que pretendemos é que, a través do noso xardín e invernadoiro, os nosos alumnos poidan:
- Coñecer e experimentar de onde veñen parte dos alimentos que consumimos.
- Tomar conciencia de que hai que alimentarse de xeito adecuado xa que os alimentos son esenciais para a vida.
- Habituarse a unha vida saudable ao aire libre.
- Aprender de forma divertida.
- Valorar a importancia de coidar as plantas, xa que así tamén nos coidamos a nós mesmos.

Na súa XVIII edición, Voz Natura, pretende dar facer fincapé nas actividades relacionadas coa creación e mantemento dos hortos ecolóxicos coa intención de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables.

domingo, 29 de junio de 2014

BO VERÁN A TODOS!

Dende a aula de natureza desexamos, a todas as familias que forman parte do CRA de Ribadumia, que teñades unhas boas vacacións de verán…


PATACAS

Como remataba o colexio, non puidemos esperar para poder apañar todas as patacas que plantamos no invernadoiro pero, aínda así, deu para recoller unhas pouquiñas e poder sortealas entre os nenos do CRA.


lunes, 16 de junio de 2014

XA TEMOS REMOLACHAS E PORROS

As remolachas e porros que plantamos no invernadoiro xa medraron e tamén estamos facendo o seu sorteo entre os alumnos do CRA.


sábado, 14 de junio de 2014

REMATAMOS O PROXECTO SOBRE A AUGA

Para rematar o proxecto sobre a auga, realizamos tres actividades máis:

-    Miramos na nosa biblioteca escolar que contos tiñamos sobre a auga… e estes foron os que atopamos... 


  A través dos bolechas, estivemos vendo con que accións aforramos auga e con cales non.


  A profe Angeles trouxo a aula de natureza un xornal onde aparecía unha noticia sobre a necesidade de   “salvar a auga“, nos estivemos falando sobre o que querían transmitirnos con ela e despois os nenos convertéronse en periodistas reescribindo o seu titular.


2

sábado, 24 de mayo de 2014

FLOTA OU NON FLOTA?

Na aula de natureza, seguindo co noso proxecto sobre a auga fixemos un experimento para comprobar que obxectos flotan e cales non.







Ao mesmo tempo marcaban nun cadro, ao lado de cada obxecto, unha cruz segundo flotara ou non.


Se queredes ver máis fotos AQUÍ.

XA MEDRARON OS COGOMBROS

No noso invernadoiro xa hai cogombros, por iso tamén comezamos o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas, para que poidan levalos ás casas é incluílos nas ensaladas.