O CRA de Ribadumia
volve a formar parte, un curso máis, da
gran familia de VOZ NATURA…
O proxecto
que presentamos, e que foi aprobado por este programa de educación medioambiental,
leva por título: “Hai que cultivar con
medios naturais para que os nosos produtos sexan máis saudables”
O que
pretendemos é que, a través do noso xardín e invernadoiro, os nosos alumnos poidan:
- Coñecer e experimentar de onde veñen parte dos alimentos que consumimos.
- Tomar conciencia de que hai que alimentarse de xeito adecuado xa que os alimentos son esenciais para a vida.
- Habituarse a unha vida saudable ao aire libre.
- Aprender de forma divertida.
- Valorar a importancia de coidar as plantas, xa que así tamén nos coidamos a nós mesmos.
Na súa XVIII edición, Voz Natura,
pretende dar facer fincapé nas actividades relacionadas coa creación e
mantemento dos hortos ecolóxicos coa intención de fomentar o coidado e a
conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover
hábitos saudables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario