Tomando
como o exemplo o que nos conta Anxo Moure no seu libro “O carballo con botas”. No
CRA de Ribadumia estivemos plantando landras en zapatos vellos para que cando
chegue a primavera medren carballos e, deste xeito, poidamos transmitir a
mensaxe de que dentro do vello tamén
pode xurdir vida.
Primeiramente,
antes de plantar, estivemos poñendo as luvas para non manchar as mans de terra.
Despois
saímos ao xardín a coller algunhas das landras que caeran dun dos carballos que
temos.
Para
finalizar, cada neno sementou landras dentro dun zapato vello.
Este
foi o resultado da tarefa que estivemos realizando na aula de natureza.
Despois, na aula de natureza, estivemos escribindo o nome da semente e
onde foi plantada.
Se
queredes ver máis fotos dos nenos plantando, pinchade AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario