Esta semana
na aula de natureza…
- Estivemos
traballando o nome das mascotas que nos van a axudar a que coidemos o medio
ambiente. Ademais das creadas polos nosos alumnos, tamén coñeceron a Terri que
é a de “Voz Natura” (programa medioambiental que subvenciona as actividades que
realizamos en torno a recuperación e defensa da natureza).
Estás son as
mascotas:
Verdiño: Que axuda a que respectemos e coidemos as plantas do
noso xardín e invernadoiro.
Roquiña:
Que quere que protexamos o Planeta, a través de acción como: reciclar, aforrar
auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais…
Terri: Que
quere que colaboremos na conservación, recuperación e defensa da natureza.
- Observamos e traballamos os nomes das ferramentas
que imos utilizar para plantar e acondicionar o noso xardín e invernadoiro e, as
súas normas de utilización.
- Viron onde
gardamos e como son, as sementes que imos recollendo no noso xardín e
invernadoiro (forma, tamaño, cor…).
No hay comentarios:
Publicar un comentario