lunes, 9 de diciembre de 2024

UN MURAL CON MATERIAL DE REFUGALLO

No mes de novembro participamos nun concurso (a nivel nacional) “colores que conciencian” de “Caminos Naturales de España”. Tratábase dunha iniciativa destinada a sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia de coidar a natureza. 

Aínda que non gañamos, queremos amosarvos o noso mural.

Para a súa realización:

- Estivemos collendo follas que había polo chan do noso xardín.

- Despois, imprimimos animais feitos con follas para que os nosos alumnos puideran reproducilos.

- Entre todo falamos sobre que cousas podemos facer para coidar a natureza, e os nenos escribíronas en bocadillos de cómic.

- Elaboramos unha árbore poñendo de tronco tubos de papel hixiénico pintados de marrón, e de para a copa utilizamos follas en tonalidades laranxas, amarelas e vermellas.

- Para compoñer a frase do concurso “colores que conciencian”, as mestras escriibimos as letras en grande e os nenos puxéronlles enriba tapas de botellas de plástico..

A nosa intención, ademais de reutilizar material de refugallo e saber que accións podemos realizar para coidar o noso medio ambiente, é que os alumnos descubran que se poden facer cousas moi bonitas con distintos distintos materiais de desfeito.  .

Temos que dar as grazas a Marta por dicirnos que había este concurso e a Malu por axudarnos a crealo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario