Na
aula de natureza, fixemos unha árbore de Nadal con material de refugallo.
Os
materiais que utilizamos foron:
- Cortizas
- Follas
que gardamos que están escritas por unha cara
- Mostrario
de papeis pintados de parede
- Tubos
de papel hixiénico
Primeiramente pintaron anacos das follas reutilizadas de verde e marrón.
Despois pintaron os extremos das cortizas con rotuladores e despois pegaron ao redor de cada unha os anacos de papel que pintaron.
Para facer a estrela utilizamos dous tubos de papel hixiénico.
O proceso é como o vídeo que podedes ver debaixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario