Na
aula de natureza levamos tempo preparando, pouco a pouco e entre todos os alumnos,
un bosque onde aparezan algúns dos animais e árbores que podemos atopar nos
nosos bosques.
Os
animais xa os estivemos vendo en vídeos e coñecendo e escribindo os seus nomes.
Para debuxalos miramos en internet como facelo de forma fácil, e tamén no libro
“Como dibujar animales” de Susaeta. Ademais,
temos en marcha un caderno viaxeiro no que as nosas familias están escollendo o
seu preferido.
As árbores estivemos vendo como era o seu tronco, folla, froito…, a medida que as iamos poñendo no mural. Decidimos, para lembrarnos desta peculiaridade, poñerlle as follas marróns ou verdes segundo lle caeran no outono ou non (caduca ou perenne).
ENCÁNTANOS O NOSO BOSQUE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario