martes, 21 de mayo de 2024

MOI MAL FEITO!!

Hoxe, cando chegamos á escola de Leiro e fomos regar as verduras, atopámonos con que romperan o plástico dun lateral da porta de acceso, e levaron dúas regadeiras e as cubetas de plástico que tiñan vasiños reciclados, onde plantamos sementes que xa estaban brotando.

É a segunda vez, xa que a outra foi tirando unha pedra contra a porta.

Estamos enfadados e tristes, xa que todo o que facemos é para que os nosos alumnos aprendan a respectar o medio ambiente e coidar o seu entorno. Por iso, tamén lle amosamos estas cousas, para que vexan que non todo o mundo o fai.

Esta vez a razón para rompelo, non foi coller as verduras senón levarse dúas regadeiras grandes que deixamos dentro do invernadoiro, cando hai vacacións de varios días. Así, podemos regar e evitar que se estraguen sen ter que entrar no colexio.  

Dende o curso pasado, estámonos atopando con máis problemas como:

- Xa por dúas veces, levaron o estanque que mercamos para os peixes.

- Metían lixo no deposito para recoller a auga da choiva, que mercamos este curso, e operarios do concello tiveron que vir a poñerlle unha rede metálica para evitalo. Tamén soen abrir a súa billa, de maneira que se perde toda a auga.

Rogamos á xente que fai estas cousas que pense no mal que está facendo, e que o único que acadan é dificultar o noso labor e o dos nosos alumnos, en prol dun mellor Planeta para todos. 

Tamén queremos dar as grazas a Inversalnes, que nos agasallaron cós plásticos e a cinta reparadora para arranxalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario