Hoxe,
xoves 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén e o Día da Reciclaxe.
É moi
importante ensinar aos nenos, dende pequenos, a xerar menos lixo, separar os
residuos e reutilizar reforzando deste xeito os seus valores ecolóxicos e o seu
compromiso co medio ambiente. Lembremos que eles van ter no futuro a chave do
noso Planeta, por iso debemos educalos para evitar que cometan os mesmos erros
que nós e para que logren construír un mundo mellor e máis sostible.
Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Historia de una lata” de SM. Nel, este obxecto vai cambiando de forma xa empeza sendo unha lata de tomate, pero despois a usan como pelota, peto, maceta, lapiseiro… E vai cambiando de dono e de lugar, pero sempre acaba sentíndose contenta.
Tamén
estivemos falando de Isatou Ceesay, que foi unha muller Africana á que chegaron
a chamar “a raíña da reciclaxe”.
Ela,
xunto con 4 amigas máis crearon na súa aldea de Gambia un Centro de Reciclaxe.
Debido á situación de pobreza na que vivían, non había un sistema de recollida
e tratamento dos residuos, polo que as persoas tiraban todo o lixo ao chan ou
na parte de atrás das casas. Isto tiña como consecuencia, que moitos animais
morrían ao comer os plásticos e, aparecían moscas e mosquitos que producían
enfermidades.
Así que decidiron lavar as bolsas de plástico e utilizalas para confeccionar carteiras, bolsos, mochilas…, que despois vendían. Os cartos obtidos, serviron para pagar a escolaridade de nenos que non tiñan recursos económicos.
No CRA de Ribadumia, os nosos nenos tamén reciclan papel, plástico, material orgánico, pilas co noso boneco Piliñas e fan compost coas mondas das froitas e herbas malas que sacamos do noso xardín.
Tamén, as nosas familias, envían cousas que fan nas casas cos nenos reutilizando algúns obxectos no lugar detiralos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario