Xa
estamos recibindo no noso correo receitas do repolo e coliflor que sorteamos!
Silveria, a nai de Omar, enviounos fotos do seu fillo comendo unha tortilla á que engadiron repolo cocido.
Yolanda,
a mamá de Daniela, díxonos que á súa nena non lle gusta moito a coliflor
cocida. Como mellor a come e rebozada en ovo e fariña pero, aínda así, animouse
a probala cocida mentres que a estaban rebozando.
Tania
tamén comentou no seu correo que a o seu fillo Brais non lle gusta moito esta
verdura, por iso para que a comera “camuflouna” en croquetas. Deste xeito
animouse a degustalas.
Emilia mandounos unas fotos do seu neno Rodrigo facendo
unha pizza, na que utilizou de base a coliflor que lle tocou no sorteo das
verduras do noso invernadoiro.
Vanesa,
a nai de Benito, enviounos unha foto do seu fillo comendo un bacallau á galega
con coliflor e a receita de como se fai.
Os ingredientes
que utilizou foron: bacallau desalgado, patacas, coliflor,
aceite, pementón e sal.
Os
pasos a seguir: pelar e cortar as patacas e tamén a coliflor, dámoslle unha fervura.
Deseguido votamos o bacallau, e 10minutos máis aproximadamente dependendo do grosor
do peixe. Logo nunha tixola quentamos o aceite cuns allos e cando están
dourados sacámolos, e co lume apagado botámoslle unha culler de pementón e
remexemos ata que colla cor. E para rematar, escorremos o bacallau, patacas e
coliflor e servimos botando a allada feita.
CANTA FORMAS DE COCIÑAR AS
VERDURAS!!
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario