Como
xa contamos noutra entrada do noso blog, xa fixemos a colleita do brócoli e asa de cántaro que plantamos no noso invernadoiro.
Despois
de realizar o seu sorteo entre o noso alumnado (todos van levar algunha verdura
para degustar nas casas), estamos recibindo algunhas receitas que realizaron as
familias.
Rocio, a mamá de Valeria, mandounos unha foto da ensalada que fixeron coa asa de cántaro. Tamén levava patacas, beicon e allo.
Marta, a nai de Aloia, enviounos unhas fotos da súa nena comendo o brócoli e outra do prato no que ademais desta verdura había patacas e polo á carbonara.
Susana, a mamá de Pablo, mandounos unhas fotos do proceso que realizaron para facer un guiso con asa de cántaro. Para el empregaron, ademais da verdura, cebola, allo, cenoria, salsa de tomate e carne picada.
Lorena enviounos unhas fotos, da súa filla Antía, comendo a asa de cántaro con chourizo, pataca e carne,
Na casa de Roi, díxonos a súa nai Sandra, que fixeron un cocido coa asa de cántaro. Tamén engadiron polo, patacas, chourizo e touciño.
Susana, a mamá de Romeo, comentounos no correo que tamén elaboraron un cocido coa asa de cántaro. Ademais agregaron chourizo e costela de porco.
Tamén recibimos unhas fotos de Aarón, que enviou a súa nai Marta. Nelas, podemos velo comendo a asa de cántaro con patacas e ovo.
Pilar,
a mamá de Alma, mandounos unha foto da súa filla coa comida que fixeron coa asa
de cántaro. Acompañaron esta verdura con patacas e polo.
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS FAMILIAS!!
QUE RICAS TODAS ESTAS RECEITAS REALIZADAS
COAS VERDURAS DO NO INVERNADOIRO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario