Este venres,
22 de marzo, tivemos unha chea de actividades no CRA de Ribadumia.
Este
curso 2023-24 somos un dos colexios participantes no Programa Donas de si do Plan
Proxecta. Con el o que se pretende é que as novas xeracións se conciencien do
papel relevante da muller na sociedade galega.
Por
esta razón tivemos a visita do escritor galego Enrique Mauricio que veu a falarnos
dunha delas: a oceanógrafa Ángeles Alvariño.
Esta
investigadora conseguiu ser a primeira muller científica nun buque oceanográfico
británico.
Con Enrique, os nenos, aprenderon moitas cousas da vida desta científica que lle aconteceron dende que era pequena.
Tamén
veu Tania, unha ilustradora que fixo un precioso debuxo de Angeles Alvariño e
despois animou aos nenos a que, coas súas indicacións, a debuxaran.
TEMOS VERDADEIROS ARTÍSTAS NO
NOSO COLEXIO!!
Outra
das actividades foi a de decorar vasiños de cartón con ceras manley, para despois
pegarlle un coelliño de papel.
Unha vez
que todos remataron, saimos a fora para que cada neno buscara un ovo de chocolate de Pascua para meter no seu vaso.
E para
rematar a mañá, recibimos outra visita que nos encanta…
Maruxa
a hixienista dental!!
Con ela aprendemos moitas cousas: cal é a forma correcta de cepillarnos os dentes, que non debemos de comer para non ter caries, cantas veces temos que lavar os dentes ao día…
Ademais deulle aos nenos algúns agasallos como pasta de dentes con sabor a fresa, receitas de doces caseiros saudables e un diploma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario