Hoxe,
21 de marzo, é o día dos Bosques.
Con
esta conmemoración queremos que os nosos alumnos entendan, que as árbores son
unha importante fonte de vida no noso Planeta xa que nos proporcionan
moitísimas cousas: froitas, sombra, limpan o aire, son a casiña de moitos
animais… Por iso é necesario coidalos e protexelos, e tratar de evitar a súa
deforestación.
Na aula de natureza, estivemos lendo un precioso conto titulado “Bajo tu sombra” (editorial Combel).
Cos seus despregables xigantes podemos coñecer as diferentes maneiras de ver
unha árbore, a través de diferentes escenarios naturais: nos bosques por as
súas raíces axudando ao terreo e as choivas, nas cidades polas innumerables
propostas que podemos realizar cerca deles (un picnic, unha sesta…), no campo
coas árbores froiteiras…
Despois desta lectura, e de enumerar a cantidade de cousas que nos dan, cada neno escolleu unha delas e escribiuna. Tamén decoraron unha árbore reciclando mostrarios de papeis de paredes. O que pretendemos é que tamén comprendan que non se poden desperdiciar e gastar moitos papeis, xa que iso supón a tala de moitas delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario