sábado, 23 de marzo de 2024

CANTAS ACTIVIDADES NUN DÍA!

Este venres, 22 de marzo, tivemos unha chea de actividades no CRA de Ribadumia.

Este curso 2023-24 somos un dos colexios participantes no Programa Donas de si do Plan Proxecta. Con el o que se pretende é que as novas xeracións se conciencien do papel relevante da muller na sociedade galega.

Por esta razón tivemos a visita do escritor galego Enrique Mauricio que veu a falarnos dunha delas: a oceanógrafa Ángeles Alvariño.

Esta investigadora conseguiu ser a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico.

Con Enrique, os nenos, aprenderon moitas cousas da vida desta científica que lle aconteceron dende que era pequena.


Tamén veu Tania, unha ilustradora que fixo un precioso debuxo de Angeles Alvariño e despois animou aos nenos a que, coas súas indicacións, a debuxaran.


TEMOS VERDADEIROS ARTÍSTAS NO NOSO COLEXIO!!

Outra das actividades foi a de decorar vasiños de cartón con ceras manley, para despois pegarlle un coelliño de papel.


Unha vez que todos remataron, saimos a fora para que cada neno buscara un ovo de chocolate de Pascua  para meter no seu vaso.

E para rematar a mañá, recibimos outra visita que nos encanta…

Maruxa a hixienista dental!!

Con ela aprendemos moitas cousas: cal é a forma correcta de cepillarnos os dentes, que non debemos de comer para non ter caries, cantas veces temos que lavar os dentes ao día…

Ademais deulle aos nenos algúns agasallos como pasta de dentes con sabor a fresa, receitas de doces caseiros saudables e un diploma. 

viernes, 22 de marzo de 2024

DÍA DA AUGA

 Hoxe, 22 de marzo, é o día da Auga.

O que se pretende con esta celebración é que tomemos conciencia da importancia da auga e que aprendamos a non desperdiciala.

Dende a aula de natureza, o que tratamos e de darlle aos nosos alumnos unha serie de pautas para tratar de non malgastala: mentres enxaboamos as mans e cepillamos os dentes a billa debe estar pechada, regar mellor con regadeira que con mangueiras, ducharse mellor que bañarse…

Despois realizamos unha ficha, na que os nosos alumnos tiñan que debuxarlle a unhas gotas de auga a boca sorrinte ou triste segundo as persoas, en diferentes escenas, a estiveran desaproveitándoa ou non.

jueves, 21 de marzo de 2024

AMORODOS EN RODAS RECICLADAS

Para poder plantar amorodos nunha das dúas rodas recicladas que temos, transplantamos os pensamentos que tiñamos nunha delas e puxémolos na outro xunto coas violas que estaban na outra.

Foron os alumnos de Ribadumia A os que plantaron esta froita.


AQUÍ podedes ver fotos de máis nenos.

Nas casas, tamén podedes animarvos a utilizar como macetas materiais de desfeito como botellas de plástico, rodas, latas, ollas estragadas…

DÍA DOS BOSQUES

Hoxe, 21 de marzo, é o día dos Bosques.

Con esta conmemoración queremos que os nosos alumnos entendan, que as árbores son unha importante fonte de vida no noso Planeta xa que nos proporcionan moitísimas cousas: froitas, sombra, limpan o aire, son a casiña de moitos animais… Por iso é necesario coidalos e protexelos, e tratar de evitar a súa deforestación.

Na aula de natureza, estivemos lendo un precioso conto titulado “Bajo tu sombra” (editorial Combel). 

Cos seus despregables xigantes podemos coñecer as diferentes maneiras de ver unha árbore, a través de diferentes escenarios naturais: nos bosques por as súas raíces axudando ao terreo e as choivas, nas cidades polas innumerables propostas que podemos realizar cerca deles (un picnic, unha sesta…), no campo coas árbores froiteiras…

Despois desta lectura, e de enumerar a cantidade de cousas que nos dan, cada neno escolleu unha delas e escribiuna. Tamén decoraron unha árbore reciclando mostrarios de papeis de paredes. O que pretendemos é que tamén comprendan que non se poden desperdiciar e gastar moitos papeis, xa que iso supón a tala de moitas delas.




lunes, 18 de marzo de 2024

CANTOS ANIMAIS NOS NOSOS BOSQUES E MONTES!!

Este curso 2023-24 volvemos a poñer en marcha un novo caderno viaxeiro que percorrera os fogares dos nosos alumnos, e que levará por título “Cantos animais podemos atopar nos nosos bosques e montes!."

Na aula de natureza, xa estivemos vendo fotos e vídeos de moitos destes animais, e tamén traballando os seus nomes.

Con este caderno o que queremos é que, en familia, elixirades aquel que máis vos guste ou chame a atención polo seu tamaño, cor, por estar en perigo de extinción, polos sons que emite …

 Para isto, dentro del podedes atopar unha folla, para cada alumno, na que escribir:

-O nome do neno/a

- O do animal escollido

- A característica pola que foi elixido

Despois, no recadro grande poden debuxalo (poñendo en internet o nome do animal e ao lado “dibujo de forma fácil” saen moitas opcións) e/ou pegar unha foto del.

A intención desta actividade é que entre todos os membros da familia busquedes animais que podemos atopar nos bosques, despois poñádesvos de acordo en cal escoller, a continuación decidades cal é a característica que mellor o representa ou polo que vos chama máis a atención e para rematar escollades entre todos a foto que máis vos gusta e/ou axudedes ao voso fillo/a a debuxalo.

ESTAMOS DESEXANDO VER OS VOSOS

ANIMAIS FAVORITOS!!

jueves, 14 de marzo de 2024

XA TEMOS RECEITAS DE REPOLO E COLIFLOR!

Xa estamos recibindo no noso correo receitas do repolo e coliflor que sorteamos!

Silveria, a nai de Omar, enviounos fotos do seu fillo comendo unha tortilla á que engadiron repolo cocido.


Yolanda, a mamá de Daniela, díxonos que á súa nena non lle gusta moito a coliflor cocida. Como mellor a come e rebozada en ovo e fariña pero, aínda así, animouse a probala cocida mentres que a estaban rebozando.

Tania tamén comentou no seu correo que a o seu fillo Brais non lle gusta moito esta verdura, por iso para que a comera “camuflouna” en croquetas. Deste xeito animouse a degustalas. 

Emilia mandounos unas fotos do seu neno Rodrigo facendo unha pizza, na que utilizou de base a coliflor que lle tocou no sorteo das verduras do noso invernadoiro. 

Vanesa, a nai de Benito, enviounos unha foto do seu fillo comendo un bacallau á galega con coliflor e a receita de como se fai.

Os ingredientes que utilizou foron: bacallau desalgado, patacas, coliflor, aceite, pementón e sal.

Os pasos a seguir: pelar e cortar as patacas e tamén a coliflor, dámoslle unha fervura. Deseguido votamos o bacallau, e 10minutos máis aproximadamente dependendo do grosor do peixe. Logo nunha tixola quentamos o aceite cuns allos e cando están dourados sacámolos, e co lume apagado botámoslle unha culler de pementón e remexemos ata que colla cor. E para rematar, escorremos o bacallau, patacas e coliflor e servimos botando a allada feita. 

CANTA FORMAS DE COCIÑAR AS VERDURAS!!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!

UNHA PLANTA DE PATACAS!!

Lara, de Ribadumia B, e a súa nai Patricia sementaron unha pataca utilizando de maceta unha botella de auga.

Encántanos que as nosas familias reutilicen obxectos para darlle unha nova vida!

Como a planta xa medrou, trouxérona ao colexio para que a transplantaramos á terra do noso invernadoiro.



ESTAMOS DESEXANDO VER COMO MEDRA E PODEMOS COLLEITAR AS PATACAS!!

MOITAS GRAZAS PATRICIA E LARA!!

sábado, 2 de marzo de 2024

RECEITAS COAS VERDURAS DO INVERNADOIRO

Como xa contamos noutra entrada do noso blog, xa fixemos a colleita do brócoli e asa de cántaro que plantamos no noso invernadoiro.

Despois de realizar o seu sorteo entre o noso alumnado (todos van levar algunha verdura para degustar nas casas), estamos recibindo algunhas receitas que realizaron as familias.

Rocio, a mamá de Valeria, mandounos unha foto da ensalada que fixeron coa asa de cántaro. Tamén levava patacas, beicon e allo. 

Marta, a nai de Aloia, enviounos unhas fotos da súa nena comendo o brócoli e outra do prato no que ademais desta verdura había patacas e polo á carbonara.


Susana, a mamá de Pablo, mandounos unhas fotos do proceso que realizaron para facer un guiso con asa de cántaro. Para el empregaron, ademais da verdura, cebola, allo, cenoria, salsa de tomate e carne picada.

Lorena enviounos unhas fotos, da súa filla Antía, comendo a asa de cántaro con chourizo, pataca e carne,

Na casa de Roi, díxonos a súa nai Sandra, que fixeron un cocido coa asa de cántaro. Tamén engadiron polo, patacas, chourizo e touciño.

Susana, a mamá de Romeo, comentounos no correo que tamén elaboraron un cocido coa asa de cántaro. Ademais agregaron chourizo e costela de porco.

                                                        Ata fixo unha cara cos ingredientes!!

Tamén recibimos unhas fotos de Aarón, que enviou a súa nai Marta. Nelas, podemos velo comendo a asa de cántaro con patacas e ovo.

Pilar, a mamá de Alma, mandounos unha foto da súa filla coa comida que fixeron coa asa de cántaro. Acompañaron esta verdura con patacas e polo.

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS FAMILIAS!!

QUE RICAS TODAS ESTAS RECEITAS REALIZADAS

COAS VERDURAS DO NO INVERNADOIRO!!