martes, 20 de enero de 2026

DÍA DOS PINGÜÍNS

 Hoxe, 20 de xaneiro, é o día dos Pingüíns.

Nas aula de Sisán e Ribadumia, decidimos conmemoralo apadriñando un pingüín coincidindo coa Campaña de Apadriñamento de Pingüíns 2025-26.

Illa Decepción é o lugar onde viven estes pingüíns e no que está emprazada a Base Antártica Española Gabriel de Castilla, na que se encontra a XXXVIII Campaña Antártica do Exercito de Terra (CAET) que ten como compromiso apoiar a preservación deste continente e do medio ambiente.

Con esta adopción queremos acadar un compromiso ambiental apoiando a protección deste continente e os seus ecosistemas, contribuír a que sobrevivan ata a idade adulta e coiden aos seus fillos e, facer do Planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.

Tivemos que elixir o pingüín entre varias especies que viven aquí:

Pingüín Papúa, que é rápido como un raio nadando e ten o pico laranxa brillante.

Pingüín Barbijo, que ten unha liña negra baixo o queixo e unha gran capacidade vocal.

Pingüín Adelia, que é pequeno pero valente e constrúe o seu niño con pedras.

Pingüín Macaroni, que ten un peiteado punk de plumas amarelas e salta entre as rochas como un acróbata.

Despois escollemos un nome para el entre todos, e puxemos que a razón de apadriñar é a nosa preocupación pola extinción destes animais tan bonitos e curiosos.

E XA RECIBIMOS O DIPLOMA DO NOSO APADRIÑAMENTO!!


Se queredes apadriñar dende a casa, podedes entrar neste ENLACE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario