viernes, 23 de mayo de 2025

FESTA DOS MAIOS

Hoxe, celebramos a festa dos Maios que tiveramos que aprazar debido ao  mal tempo.

As familias trouxeron flores, fiúncho, ovos baleiros, laranxas… para facer o Maio.

A ANPA trouxo unhas cousas moi bonitas para decorar.



Durante a mañá realizamos varias actividades:

@s nen@s estiveron facendo cadenetas de pampullos e ovos.



Viñeron unhas pandeireteiras que tocan e dan clases, e amosáronnos diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, latóns, culleres de pau… Tamén cantamos con elas o Pasodobre de Verdillo, a saia da Carolina, e fixemos xogos populares de roda.




Merendamos riquísimos doces que prepararon as familias.



E para rematar, cantamos e bailamos ao redor do Maio acompañados do grupo de gaiteiros Demos da Petaca e tamén do pais/nais e avós/avoas dos nosos alumnos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario