sábado, 17 de mayo de 2025

DÍA DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén é o día da reciclaxe.

Para conmemoralo estivemos falando o importante que é, para o medio ambiente, reciclar e reutilizar algúns obxectos, xa que con estas accións estaremos reducindo a contaminación.

A continuación estivemos lendo o conto “Por qué debo reciclar?” (editorial Grupo Anaya). Con esta lectura, través dos protagonistas, atopamos resposta a esta pregunta e tamén a que temos que facer para contribuír á reciclaxe.

Na escola xa temos contedores que teñen enriba as cousas que se poden meter en cada un para que @s nen@s non se confundan, e habituándose a velo acaben facéndoo sen necesidade de miralo.

A continuación estivemos vendo o que fai o colectivo RetoqueRetro, que esta formado polos artistas Isabel García, Javier Serantes e Ana Lee. Eles, todo o lixo que van recollendo os ecoloxistas e voluntarios das costas de Galicia (están facéndoo dende o ano 2012), utilízano como materia prima para darlle unha nova vida e crear pezas únicas. 

Na aula de natureza, empezamos a gardar as tapas de cores dos iogures de beber e, @s alumn@s de Ribadumia A aportaron moitísimas. Por iso, aproveitamos esta conmemoración para que puideran ver todas as cousas divertidas que podemos realizar con elas, reutilizándoas en vez de tiralas ao contedor do plástico.

Como tiña unha caixa de zapatos, costruímos dous taboleiros de tres en raia, e despois repasamos cales eran as súas regras para poder xogar. 

Ademais tamén fixeron coas tapas animais, flores, letras…





No hay comentarios:

Publicar un comentario