Hoxe,
30 de xaneiro, celebramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Na
aula de natureza, estivemos vendo o logo da paz e tamén algúns símbolos como a
pomba cunha ramiña de oliveira, as mans pintadas de branco (xa que a cor
asociada a esta data e o branco)...
A
continuación preguntámoslle aos nos@s alumn@s que significa para eles a palabra
paz e cal será a razón de conmemorar esta data. As respostas que máis deron
foron: para que non pelexemos, compartamos e axudemos aos demais e para que non
haxa guerras.
Con esta lectura o
que tratamos de transmitirlles é o importante que é a amizade e aprender a
compartir.
Para rematar os nenos escribiron esta data e o que celebramos e debuxaron aos dos amigos (un esquío e un coello) coa axuda do libro “Como dibujar animales”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario