Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.
Para conmemorar esta
data estivemos falando do importante que é coidalos e protexelos, sobre todo as
moitos deles que están en perigo de extinción (o pingüín, a tartaruga, o
orangután, o tigre, o elefante, o rinoceronte…)
Despois estivemos lendo
dous contos:
“El caracol y la
ballena” (editorial Bruño). Onde
un pequeno caracol e unha balea fanse amigos e viaxan xuntos percorrendo mundo.
Pero un día a balea vese en perigo, e o seu compañeiro de aventuras terá que buscar
a maneira de axudala.
“Cuentos Cortos de
animales en peligro: Lula la tortuga” (editorial Bruño). Que narra como unha pequena tartaruga recen nacida, é
a única que sobrevive aos depredadores grazas a un neno do que nunca se
esquecerá. Moitos anos despois, cando xa é grande, volve á mesma praia para
desovar e atópase co neto dese neno ao que o seu avó lle contou a historia de
como salvou unha tartaruga.
Para rematar, cada alumno debuxou un animal en perigo de extinción. Para que esta actividade fora máis doada de realizar, utilizamos o libro “Como dibujar animales” (editorial Susaeta).
Pedimos ás familias que mandarán algunha foto dos animais que teñen na casa,
e a vindeira semana cada nenos explicará aos seus compañeiros como se chaman,
que cousas fai con el, como o coidan…
Coas fotos de todas as mascotas, faremos un mural por aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario