Hoxe,
16 de outubro, é o Día da Alimentación.
Para
conmemorar esta data, na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Nunca jamás comeré tomates”. Nel, un
neno chamado Juán ten unha irmá chamada Tolola á que case non lle gusta
ningunha comidas, pero sobre todo odia os tomates. Para poder darlle de cear,
vai idear formas, procedencias e divertidos orixes de cada un dos alimentos
que ela detesta, para que acabe coméndoos con gusto.
Despois estivemos falando de cales son os alimentos dos que debemos tomar máis cantidade, por ser saudables, e de cales menos. Comendo os sans, imos medrar máis fortes, ter máis enerxía para xogar, aprender, fortalecer os nosos ósos e músculos e protexernos das enfermidades.
Tamén non debemos desperdiciar a comida, xa que hai moitas persoas no mundo que pasan fame por non dispoñer dela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario