miércoles, 5 de junio de 2024

ENSALADAS COAS LEITUGAS DO INVERNADOIRO

Susana, a mamá de Romeo de Lois, enviounos ao correo da aula de natureza dúas ensaladas, con distintos aliños, que fixo coa que lle tocou ao seu neno.

DINOS QUE ESTABA DELICIOSA!!


Nestas fotos podemos ver a Lara lavando e comendo a ensalada que lle preparou a súa mamá Andrea, coa leituga que levou do colexio.

Ana, a nai de Julia, tamén mandou unha foto da súa nena que lavou a leituga  aínda que non lle gusta moito.

Xana, fixo unha ensalada tamén coa leituga que lle tocou ao seu fillo Noel.

Rocio, a mamá de Valeria enviounos a receita que realizou coa leituga que levou a súa nena.

Ensalada de verán: leituga, cenoria, aguacate, cereixas e salsa de iogur (limón, sal, aceite, e iogur grego)



Tamén temos unas fotos de Aarón, que mandou a súa mamá Marta, comendo unha ensalada.

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS A TODOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario