miércoles, 5 de junio de 2024

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño de 2024, é o Día do Medio Ambiente.

No CRA de Ribadumia cremos que é importante educar aos nenos, dende pequenos, no coidado e respecto polo noso Planeta.

Na aula de natureza estivemos contando dous contos:

“Peligro en el mar” de Begoña Ibarrola (editorial SM) que trata sobre a contaminación. Conta a historia dun cabaliño de mar que vive feliz cos seus amigos no fondo do océano, ata que un día unha enorme mancha negra acércase ao seu fogar. Entre todos teñen que buscar unha solución para poder escapar dela.

Tamén vimos en vídeo “Pequenas & Grandes, Greta Thunbertg”. Que conta como esta adolescente leva loitando dende os quince anos (agora ten 21) para que non se utilicen combustibles para deste xeito reducir a pegada do carbono que tanto contamina.

Despois, na aula de natureza, estivemos falando de que cousas podemos facer nos para protexer o medio ambiente. Aos nosos alumnos ocorréronselles moitas como: coidar aos animais e plantas, reciclar e reutilizar o lixo, aforrar auga e luz, non tirar lixo ao mar nin ao chan, non contaminar…

Despois decidimos facer un mural recollendo o día desta conmemoración, e nel:

- Puxemos en nubes todas estas cousas que axudarían a coidar o noso Planeta, para animar ás persoas a facelas.

- Pegando nun mar, de augas limpas, moitos animaliños que aí conviven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario