lunes, 16 de octubre de 2023

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro de 2023, é o día da Alimentación.

O lema deste ano 2023 é: “A auga é vida. A auga nutre. Non deixar a ninguén atrás”.

Sabemos que é esencial para a vida na Terra xa que cubre a maior parte da superficie do Planeta, produce os nosos alimentos, constitúe máis do 50% do noso corpo… Por isto, temos que comezar a tomar medidas para xestionala de maneira prudente.

Este curso 2023-24 temos un dispensador de auga para recoller a da choiva, e regar con ela as nosas plantas e verduras. Deste xeito, estaremos aforrando a que colliamos da billa para realizar esta tarefa.

Para conmemóralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos:

“Vamos al huerto” de R. Nadal (editorial EdArca). Que explica como hai que plantar as verduras, cales medran por enriba e por debaixo da terra, de que cores son, a importancia de regalas...

“El huerto. Un libro para iluminar” de Carron Brown (editorial Astronave). Nel, a través da plantación dunhas sementes de tomate imos descubrindo: que necesitan as verduras e hortalizas para medrar, que bichos e animais favorecen ou prexudican o seu crecemento, que ferramentas usamos para plantar e coidar a horta… 

Este último encantoulles, xa que nalgunhas follas hai cousas agochadas que podemos descubrir iluminando o seu reverso cunha luz.

Despois destas lecturas, falamos da necesidade de comer alimentos sans e non tiralos, xa que hai moita xente que ten falta deles.

Para rematar, escribimos a data e que é o que celebramos e despois cada neno coloreou e pegou ás  verduras e hortalizas que máis lle gustaba comer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario