Por ser
un dos colexios participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben, fomos de
excursión ao porto e lonxa de o Grove dentro do seu programa “Ti si que es un bo peixe”.
Primeiramente a nosa monitora Rita, levounos á lonxa onde Silvia explicounos o que se fai alí. Contounos que mariñeiros traen aquí o peixe que pescan (non pode ser pequeno), pésano e póñenlle unha etiqueta na que aparece o seu nome, o do barco e a data na que se pescou. Despois realízase a súa poxa, que non puiden ver xa que se fai pola tarde. Pero para que os nenos superan como se fai fixemos un simulacro. Para realizala tiñamos pescada, linguado e unha centola que sacou Silvia dun tanque.
Tamén vimos onde collen o xeo para manter fresco o pescado e marisco.
Despois saimos ao porto para ver as nasas coas que capturan os polbos, as redes para os peixe, e Rita tamén ensinounos ourizos, esponxas de mar e corais que estaban enredados nas redes.
A continuación entramos no mercado, onde as pescantinas mostráronnos moitos peixes e mariscos: polbo, chocos, xurelos, sardiñas, centolas, percebes, rodaballo…
Ao saír
déronlles aos nenos un agasallo.
Para rematar, deron a cada nenos unha bolsa con unha riquísima merenda que incluía unha botella de auga, un anaco de pizza de ourizo, croquetas de pescada e un iogur de vainilla.
QUE BEN O PASAMOS E CANTAS
COUSAS APRENDEMOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario