viernes, 10 de febrero de 2023

ANIMÁDEVOS A FACELAS!!

Esta semana recibimos no correo dúas receitas que fixeron dúas familias coa asa de cántaro que levaron para casa.

Na casa de Benito de Lois, fixeron “potaxe de asa de cántaro con costela”. Vanesa, a súa mamá mandounos ao correo os ingredientes e como preparalo.

Necesitamos: costela de porco, garavanzos cocidos, 3 patacas, loureiro, cebola, chourizo, azafrán, pemento doce e asa de cántaro.

Os pasos a seguir son: douramos a costela nun fondo de aceite. Douramos a cebola e o allo. Engadimos as cenorias en anacos pequenos e as especias. Remexemos todo ben e logo botámoslle o caldo e a asa de cántaro cortada en anacos. Deixamos cocer a lume baixo durante 30min e despois botámoslle os garavanzos  xa cocidos. Aparte cortamos un chourizo e pasámolo pola tixola e engadímolo ao resto.

                                             Como come as verduras Benito!!     

María, a nai de India, enviounos “unha sopa de verduras” que realizou con: diferentes verduras (incluída a asa de cántaro), e cenorias, pasta para sopa (eles puxéronlle de estrelas), 2 patacas e unha pastilla de caldo de polo.

Para a preparación primeiramente lavaron todas as verduras, cortáronas en anacos pequenos e puxeron unha pota a quentar con auga e un pouquiño sal.

Cando estivo quente, botáronlle as verduras en anacos e a pastilla de caldo de polo e deixárono a cocer a fogo lento para que quedaran tenras.

Para rematar, cando estiveron as verduras puxeron a pasta a cocer hasta que estivo lista.

A India e a súa irmá Olivia encantoulles!!

Mirade que cociñeira está feita India!!

MOITAS GRAZAS POLAS RECEITAS E AS FOTOS VANESA E MARÍA!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario