Hoxe
é o día da enerxía.
É o
motor de todas as actividades: as plantas a necesitan para medrar, un televisor
para poder acéndelo, as persoas para poder desenvolver as distintas
actividades que realizamos…
Aos nenos cústalles entender o concepto de enerxía, e sobre todo, a necesidade de aforro enerxético. Os pais e nais repetimos continuamente as frases “apaga a luz” “non deixes os aparatos acendidos”… e eles non comprenden cal é a razón destas ordes repetitivas.
Na
aula de natureza estivemos falando da importancia de non gastala acendendo as
luces só cando faga falta, non indo todos os días en coche, non abrindo e
cerrando a neveira todo o tempo, apagando os aparatos eléctricos cando non os
usamos…
Despois
estivemos lendo o conto “Os bolechas
queren saber que é a enerxía” para poder explicarlles, dunha forma amena, cales son as principal fonte de
enerxía e que podemos facer para aforrala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario