lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.

Na aula de natureza estivemos falando das cousas que podemos facer a favor da convivencia pacífica e contra a violencia.

Pero tamén queriamos facer referencia ao medio ambiente, xa que un mundo en paz debe ser un mundo saudable, libre de contaminación, onde se respecte a natureza e no que todos xuntos loitemos contra a deforestación, a extinción das especies e o cambio climático. Por iso, estivemos lendo o conto “Salvaje” de Emily Hughes que pretende volver a conectarnos coa natureza. Nel a protagonista, aínda que non ten nome propio, é un ser libre con carácter e forza que ten intacto todo o que a humanidade foi perdendo polo camiño da evolución: a casa no bosque, a vexetación como cama e os animais como familia. Aquí está alegre xa que ninguén a etiqueta, censura, non ten horarios, obligacións, e é aceptada e querida. Pero un día é cazada, e sen preguntarlle lévana cos humanos que a xulgan, critican e intentan impoñerlle costumes e leis.

A mensaxe deste conto, é que debemos ser conscientes da nosa conexión coa natureza e non debemos rompela nunca. 

Para rematar realizamos unha ficha, coa que celebrar este día e recordar este conto. Nela,  coloreamos os animais que son os mestres desta nena e lle ensinan a falar, cazar e xogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario