No mes de setembro, á volta das vacacións de verán, atopámonos con que os plásticos do noso invernadoiro romperan debido ao calor e ao vento.
Mercamos uns novos, e onte os operarios do Concello viñeron para poñelos.
Agora
temos que quitar as malas herbas para poder comezar a plantar as verduras, que os
alumnos levaran ás súas casas para degustar en familia.
Dende o CRA de Ribadumia, queremos dar as grazas ao Concello e aos seus operarios por axudarnos a arranxar os problemas de infraestrutura que van xurdindo no noso colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario