domingo, 16 de octubre de 2022

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, e o Día da Alimentación.

O lema deste ano é “Non deixar a ninguén atrás”. Este 2022 atopámonos cunha pandemia, conflitos, o quentamento do clima que non para, subidas de prezos, desigualdades… Todo isto afecta á seguridade alimentaria mundial.

Necesitamos construír un mundo onde todos, en todas partes, teñan acceso a suficientes alimentos nutritivos.

Queremos amosarvos un vídeo onde estudantes de Cuba, Exipto, Italia, Ruanda e Irlanda cantan “Todos estamos conectados!”. Con esta iniciativa, queren que coñezamos que cousas podemos facer para lograr un futuro con alimentos para todos.

Na aula de natureza, estas semanas, estamos explicando aos nosos alumnos que hai que comer alimentos sans e non desperdiciar a comida, xa que existe moita xente non mundo que ten falta dela.  

Tamén estamos vendo, utilizando un semáforo, que alimentos debemos comer todos os días, cales algúns e que outros debemos tomar pouco para lograr ter unha dieta saudable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario