A Consellería do Mar dentro do programa “Aliméntate ben”, do que formamos parte un curso máis, organizou a actividade “Ti si que es un bo peixe” para o alumnado dos colexios que participan nel.
Entre o xoves e o venres Uxía (científica do mar) e Roque (peixeiro) foron percorrendo as aulas do CRA de Ribadumia, para ensinarnos moitas cousas relacionadas cos peixes, mariscos e algas.
Así,
faláronnos das características, vitaminas, proteínas e minerais que nos
proporcionan e como se pescan a pescada, vieira, percebe, nécora, robaliza,
linguado… Tamén coñecemos os argazos (algas), que se xuntan e fan bosques
submarinos, e descubrimos como se collen e preparan para que se poidan mercar.
Conectamos con Peix, que o ten no ordenador Uxía e é o asistente virtual que lle axuda a recoller as peculiaridades de cada unha destas especies, para así saber todas as cousas boas que nos proporcionan ao comelos.
Para rematar tivemos o visionado dun vídeo karaoke cunha coreografía que aprenderon previamente os nenos.
TAMÉN
TROUXERON AGASALLOS PARA CADA NENO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario