Elisabeth, a mamá de Valentina da aula de
Ribadumia A, mandounos a receita de “acelgas picantes” que fixo coas que lle
tocaron a súa nena no segundo sorteo das verduras e hortalizas do noso
invernadoiro que estamos recollendo.
Se queredes realizala na casa, aquí tedes
como tedes que facer:
- Sofrito de allo e engadir unhas “guindillas
vermellas” que van ser as que lle dean o toque picante.
- Necesitamos ovos “poché”, e Elisabeth para
facelos méteos en film transparente e resistente a alta temperatura. Despois
deixa cocer 5 minutos.
- Agregamos as acelgas co allo e as “guindillas”
e deixamos que se fagan lentamente.
- Cocemos unhas patacas.
- Despois para servir poñemos as patacas cocidas primeiro, despois as acelgas e para rematar os ovos “poché”.
TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario