martes, 7 de abril de 2020

DÍA DA SAÚDE

Hoxe, 7 de abril, é o día Mundial da Saúde.


Este ano que está marcado pola loita contra o Covid-19, é moi importante que todos quedemos nas casas para evitar os contaxios e a propagación desta pandemia. Tamén queremos render unha homenaxe a todas as persoas que se están expoñendo por todos nós nesta loita contra este virus: MÉDICOS, ENFERMEIROS/AS, AUXILIARES, LIMPIADORAS, CELADORES, POLICÍAS, FARMACÉUTICOS/AS E AUXILIARES DE FARMACIA, EMPREGADOS DE SUPERMERCADOS E TENDAS DE ALIMENTACIÓN, GARDA CIVIL, O EXERCITO, RECOLLEDORES DO LIXO, BOMBEIROS, EMPREGADOS DE CORREOS, ETC… E A TODA ESA XENTE TAN SOLIDARIA, QUE ESTÁ AXUDANDO DE FORMA DESINTERESADA.
Nós, como xa sabedes, pedimos ás nosas familias que enviaran debuxos, vídeos, murais, etc, cos que animar ás persoas a quedarse na casa, xa que diso depende a saúde de todos. Tamén podían escribir textos de agradecemento a toda esa xente que se está expoñendo por nós, poñendo en risco a súa vida. 
Aquí tedes o que recibimos:

Lía de Leiro, mandounos este collage para animar á xente a quedarse na casa. Para facelo, utilizou papeliños de cores, algodón, ollos móbiles, etc.


Roi de Leiro, fixo un debuxo cun arco da vella. Nel dinos que “todos xuntos podemos”. Tamén puxo unhas fermosas flores ao lado.


Ademais crearon unha obra de monicreques a través da que nós din que é necesario que quedemos nas casas debido ao virus e tamén, que é moi importante que lavemos as mans e para saír poñamos unha máscara.

Para rematar, poñen unha canción para alegrarnos este confinamento e dicirnos que todo vai saír ben.


Rosana e Ero de Leiro, realizaron uns debuxos cos que lle queren dar as grazas a todas as persoas que se están expoñendo para coidarnos, protexernos, velar pola nosa saúde, permitirnos mercar alimentos e menciñas, etc.




Marta de Leiro, mandounos un debuxo no que di que “todo vai saír ben”.


Vera de Ribadumia A, atopou un debuxo no que aparecen persoas tocando instrumentos nas ventás para amenizar á xente estes días. Quixo reproducilo para conmemorar o día da saúde e, para facelo utilizou escuadro e compás. Na folla escribiu, que ela e a súa familia quedan na casa.


Dana e Adriana de Ribadumia B, gravaron un vídeo. Nel aparecen cun cartel no que puxeron “eu fico na casa” e din que o fan para que morra o bicho e porque teñen moitas ganas de volver a bicar aos seus avós/avoas, tíos/as e curmáns. Tamén botan moito de menos aos seus compañeiros de clase.


Erik de Leiro, a través dun vídeo, dinos que el queda na casa e que todos debemos facer o mesmo.


Valentina de Ribadumia A coloreou un debuxo no que aparece un arco da vella e unha médica, como agradecemento a este sector da menciña por todo o que está facendo por nós. A súa mensaxe é que “todo vai saír ben".



Dani de Lois, realizou un debuxo a través do que quere transmitirnos moitas cousas. Poñendo á terra con gorro de enfermeira, para dicirnos que o noso Planeta e moi forte. O símbolo da cruz vermella por todos os médicos, enfermeiros/as, auxiliares e celadores que están coidando a todos os enfermos. E un corazón con “tiritas”, xa que o temos roto por todo o que estamos padecendo a consecuencia desta pandemia e temos que conseguir que volva a estar sa.


Gael de Leiro, fixo un mural e disfrazouse de sanitario. Patricia a súa nai, di que el tamén quere colaborar nesta pandemia quedándose na casa. Tamén desexa agradecer á xente que se confine nas casas e a todas esas persoas que traballan, o esforzo que fan por todos neste momentos tan duros. No seu collage aparece un hospital e un supermercado coa xente que traballa neles e, a policía, helicópteros, etc. Preciosoooo!.


Marcos de Leiro e o seu irmán Adrián, debuxaron un gran corazón nun encerado para dar as grazas a “todos os sanitarios por axudarnos”.


Laura mandounos un debuxo no que di que ela queda na casa, e anima a todos a facelo tamén.


E, por suposto, eu tamén fixen o meu cartel para dicir que tamén quedo na casa, e agradecer a todos os heroes e heroínas desta pandemia o seu traballo, esforzo, actitude e comportamento.


GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN PARA CELEBRAR ESTE DÍA!

5 comentarios:

  1. Gracias por quedaros en casa ( las farmacéuticas y auxiliares de la farmacia Belen Rey)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vosotras por estar ahí para todos nosotros. Sois unas de las heroínas de esta pandemia.

      Eliminar
  2. Que maravilla!!,os nenos e nenas neste intre están portándose como auténticos heroes, non perden as gañas de participar nas actividades escolares e fan traballos espectaculares.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si, os nosos alumnos xunto coas súas familias fan moitísimas cousas estes días de cuarentena.

      Eliminar
  3. Que maravilla de traballos!!!, os nenos e nenas son os auténticos heroes desta situación tan excepcional, dan exemplo aos adultos

    ResponderEliminar