- Día Internacional dos Bosques.
Primeiro estivemos falando da importancia que teñen para nos é de todos os beneficios
que nos proporcionan. Despois pintamos unha árbore xigante e, en follas, puxemos
algunhas das cousas que podemos facer para coidalas e protexelas.
- Día da auga.
Primeiro lembramos o importante que é para a vida de animais, plantas e
persoas e que hai moita xente no mundo que non ten a cantidade de auga necesaria para
vivir. Despois pintamos o mural e estivemos escribindo, en gotas de auga, que
cousas podemos facer para non malgastala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario