Este
curso 2013-14, na súa XVII edición, Voz Natura ten como tema central “os ríos
e praias en boas mans” e, pretenden chamar a atención sobre a necesidade
de protexelos e revitalizalos. Como os nosos alumnos son moi pequenos para
realizar saídas e levar a cabo accións de limpeza, estudo das especies vexetais
que existen neles…, imos traballar todo isto dende a escola.
Hoxe, aproveitando o bo tempo, comezamos na aula da natureza con esta nova
actividade á que vamos a chamar:
“Caderno viaxeiro: As nosas
praias”
Haberá
un por aula e, a través deles, recolleremos:
- As praias favoritas de mestres e alumnos do
CRA de Ribadumia :por ser na que veranean, polas súas vistas, area, auga…
- As
deficiencias que atopamos nelas (a xente tira lixo, non ten socorrista e é un
pouco perigosa, non hai duchas, ten desaugadorios de casas ou rios...) e que poderíamos facer para melloralas.
- Unha
foto ou debuxo da mesma.
Aquí
tedes as de algunhas mestras…
A alumna que vai a iniciar esta actividade é Sofía da aula de Ribadumia B.
Este caderno afastanos un pouco de tanta choiva.
ResponderEliminarQue gusto estos dias de sol e esas estupendas praias.