Como xa medraron as
leitugas que plantamos no noso invernadoiro, decidimos facer con elas unha
receita á que puxemos por nome “rolo
vexetal”.
Para a súa elaboración
solicitamos ás familia, a través dunha nota, que o día que os nenos veñen a Leiro
trouxeran: una rebanda de queixo e unha de xamón cocido. O resto dos
ingredientes (base de biscoito, atún e queixo de untar) mercounos o colexio.
2º Lavamos as súas follas
3º
Partimos cada folla en anacos moi pequeniños
4º
Estendemos o queixo de untar enriba da base de biscoito
5º Cada neno puxo as súas rebandas de xamón cocido
6º Botamos o atún
7º Despois a leituga
8º E por último,
puxeron as súas
rebandas de queixo
A continuación enrolamos a base de biscoito, con todos os ingredientes dentro, e puxémoslle papel de aluminio ao
redor para compactar o rolo.
Cando chegou a
hora da merenda… Todos a probalo!
Se queredes ver máis fotos de cada unha das aulas, estes son os enlaces:
RIBADUMIA 4-5, SISÁN, RIBADUMIA 3-4, LOIS, LEIRO.
Na aula de natureza, fixemos unha ficha para lembrar o nome da receita
e os ingredientes necesarios para preparala.
ANIMADEVOS A FACER, ESTA RICA RECEITA, NAS
VOSAS CASAS…
No hay comentarios:
Publicar un comentario