Hoxe, 21 de marzo, é o día da árbore e na aula de natureza estivemos facendo, durante esta semana, algunhas actividades para lembrar a importancia de protexelas:
- Estivemos falando de todas as cousas que nos proporcionan e despois, cada neno debuxou a súa árbore e escribiu dentro da copa un dos servizos que nos prestan.
A continuación, fixemos un mural con todas as árbores.
- Os nenos de Ribadumia, de catro e cinco anos, tamén fixeron unha gravación (que amosamos a continuación) na que dan algunhas das razóns polas que todos temos que tomar conciencia da necesidade de loitar contra a súa destrución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario