Para
o noso caderno viaxeiro “Unha ollada ás nosas árbores”, xa recibimos das nosas
familias moitas árbores especiais para eles e os seus nenos.
Cerdeira, oliveira, ameixeira, camelia, mandarineira, magnolio, feixoa, carballo, limoeiro…
Para
o noso caderno viaxeiro “Unha ollada ás nosas árbores”, xa recibimos das nosas
familias moitas árbores especiais para eles e os seus nenos.
Cerdeira, oliveira, ameixeira, camelia, mandarineira, magnolio, feixoa, carballo, limoeiro…
Hoxe, 17 de maio de 2022, é o día da Reciclaxe.
El
propósito desta celebración, es concienciar ás persoas da importancia de tratar
os residuos como corresponde para non contribuír ao cambio climático, e así
protexer o medio ambiente.
Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Xa non son malo” de Paula Merlán que conta a historia de Lobo Feroz que xunto co seu amigo Ourizo Rufo vixían os bosques e reciclan o lixo que atopan.
No
CRA de Ribadumia tamén reciclamos:
- Os plásticos, papeis e cartóns das merendas a través dos nosos contedores.
- As pilas co noso boneco Piliñas.
- As
mondas das froitas e herbas malas do noso xardín, meténdoas na nosa composteira
para facer abono para as nosas plantas.
RECICLANDO COIDAMOS MELLOR O NOSO PLANETA.
FAGÁMOLO, ENTRE TODOS PODEMOS!
Mila,
a mamá de Martina de Ribadumia A, mandounos unhas fotos da súa nena comendo os porros que lle tocaron no sorteo das verduras do noso invernadoiro.
O nome da receita é: “crema de cabaciñas e porros”.
Emilia tamén enviounos a ensalada que prepararon coa leituga que lle tocou ao seu fillo Rodrigo de Ribadumia B.
Tamén recibimos foto de Farah de Lois, comendo unhas “lentellas vexetais” que preparou a súa avoa e que levan os porros triturados que lle tocaron.
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!
QUE RICA TEN QUE ESTAR ESTA RECEITA!
O noso limoeiro xa ten limóns que están listos para a colleita, por iso estamos colléndoos para que os nenos os poidan levar para degustar nas casas.
PODEMOS FACER LIMOADA!!
Pinchando AQUÍ tamén tedes unha mousse ou espuma de limón con iogur, que xa preparamos no colexio.
Na aula de natureza estamos cun proxecto sobre as hortalizas.
Primeiramente conversamos sobre o importante que é o seu
consumo, xa que son alimentos moi nutritivos que ademais contribúen a hidratar
o noso organismo debido ao seu alto contido de auga.
Despois realizamos a súa clasificación atendendo á parte da planta
que comemos.
Juliana, a mamá de Luciana de Ribadumia B, enviounos ao correo unhas fotos da súa nena comendo o prato que fixeron coa leituga que lle tocou no sorteo das verduras do noso invernadoiro.
QUE
RICO!!
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!