Mila,
a mamá de Martina de Ribadumia A, mandounos unhas fotos da súa nena comendo os porros que lle tocaron no sorteo das verduras do noso invernadoiro.
O nome da receita é: “crema de cabaciñas e porros”.
Emilia tamén enviounos a ensalada que prepararon coa leituga que lle tocou ao seu fillo Rodrigo de Ribadumia B.
Tamén recibimos foto de Farah de Lois, comendo unhas “lentellas vexetais” que preparou a súa avoa e que levan os porros triturados que lle tocaron.
MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!
QUE RICA TEN QUE ESTAR ESTA RECEITA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario