Esta semana, na aula de natureza, estivemos quitando as malas herbas que medraron durante o verán. Necesitamos que este limpo para poder enchelo de plantas e flores.
Primeiramente puxemos as luvas para non manchar as mans.
Despois os mandís, para manter limpa a nosa roupa.
Seguidamente empezamos a traballar, enchendo as carretas coas herbas malas.
Despois botámolas na composteira, para facer abono para as nosas plantas e verduras.
O mércores, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais. Na aula de natureza, imos a aproveitar esta conmemoración para falar das mascotas e a importancia de coidalas e protexelas.
Ter unha mascota na casa, implica certas responsabilidades: alimentalas, asealas, levalas ao veterinario, vacinalas, sacalas a pasear e tratalas ben. Non son xoguetes, son seres vivos e deben ser tratados con respecto e cariño.
Neste ENLACE, tedes a Declaración Universal dos Dereitos do Animal aprobada pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e a ONU (Organización das Nacións Unidas). Nós, na escola, estivemos lendo o conto "Bienvenido a casa, Max!" da Fundación Affinity. A través del, intentan ensinar aos nenos a responsabilidade que implica ter un animal de compañía. Queremos que vos animedes a entrar na súa páxina, onde podedes atopar moitos artigos e vídeos sobre adopción, abandono de animais, como coidalos, o vínculo que hai entre eles e os rapaces etc... Pinchando na imaxe da portada do conto, podedes descargalo para velo e lelo.
Tamén traballamos a importancia deste día, que é o que celebramos, escribimos o título do conto, coloreamos a Ana (a nena protagonista) e Max (o can que adopta) e aprenderon debuxar un can de forma sinxela.
LEMBRADE QUE TEMOS QUE COIDAR AOS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS!
Xa comezamos as actividades da nosa aula de natureza... Esta semana estamos coñecendo as nosas mascotas. As da aula:
Verdiño. Que nos axuda a respectar e coidar as plantas do noso xardín e invernadoiro.
Roquiña. Que quere que protexamos o Planeta a través de accións como: reciclaxe, aforro de auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais...
Terry. A mascota de Voz Natura, que quere que coidemos o medio ambiente.
Pero tamén temos, no noso centro, outras mascotas: unha tartaruga e peixes nun estanque. Os nenos, estiveron mirándoos e dándolles de comer (durante o curso faremos quendas para que todos poidan realizar esta tarefa).
Este curso 2017-18, volvemos
a formar parte da comunidade Voz Natura na súa 21ª edición.
O
tema que nos propoñen é “A protección do patrimonio etnográfico”. É dicir, o
coidado dos espazos medioambientais: protección de bens materiais (fontes,
pontes, muíños, lavadoiros…) e inmateriais (tradicións e costumes relacionadas
coa natureza).
Nós, co proxecto "A natureza, os xogos populares e as tradicións... Un patrimonio por descubrir", ademais
de levar a cabo as tarefas medioambientais que vimos realizando en cursos
pasados ( aprender os nomes das ferramentas e utensilios de labranza e as súas
normas de utilización, plantar no xardín e invernadoiro, facer compost, limpar
o xardín, reciclar, reutilizar, elaborar receitas coas nosas verduras e froitas…),
tamén faremos traballos e actividades que nos leven á recuperación e difusión
das tradicións propias e de xogos populares que tiveron moito arraigo na nosa
comunidade pero que co tempo fóronse perdendo.
A
nosa intención é, que os nenos descubran unha natureza próxima,
ensinarlles como sementar as plantas e árbores, a importancia de reciclar e
utilizar abonos naturais (facer compost)... Pero a través desta experiencia, tamén
queremos fomentar outra serie de valores como: potenciar as súas habilidades
manuais, promover o traballo en equipo establecendo quendas de traballo das
tarefas do xardín, enriquecer a súa expresión e sensibilidade artística e desenvolver
comportamentos responsables respecto á natureza. Consideramos que todas as actividades que realizamos en torno ao noso xardín e invernadoiro, son ferramentas educativas moi valiosas que fomentan o respecto medioambiental, os valores ecolóxicos, permiten que os nosos alumnos poidan levar ás casas alimentos cultivados por eles mesmos e axudan a que valoren as súas propiedades e beneficios para as persoas.
Aínda que non gañamos o VII Concurso Escolar "Cuidamos el Medio Ambiente" (organizado por PRODUTOS IMEDIO S.A), queremos ensinarvos o traballo que presentamos. Trátase dun xogo, similar ao da oca, pero no lugar deste animaliño están os patrulleiros mediambientais do noso colexio. Para confeccionalo utilizamos fotos das actividades que realizamos na aula de natureza, inventamos e escribimos as nosas propias regras e fixemos as fichas e cubiliete con material de refugallo.
¡ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO RESULTADO DO NOSO TRABALLO!
Este xoves, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Este ano, o tema central é "os nosos océanos, o noso futuro".
Os océanos cobren ao redor de dous terzos da superficie da Terra, e son o verdadeiro piar da vida. Xeran a maior parte do oxixeno que respiramos, ofrecen comida e nutrintes, regulan o clima, e son economicamente importantes para os paises que dependen do turismo, pesca e outros recursos mariños para os seus ingresos.
Nós, na aula de natureza, estamos falando de todas as cousas que podemos facer para coidalos. Ademais, os nosos alumnos están coñecendo cantos océanos hai no mundo, como se chaman, que animais mariños hai neles...
Este verán tamén podemos sumarnos a esta causa, realizando algunha destas cousas:
- Cando vaiamos á praia non hai que deixar lixo tirado, hai que depositalo nos contedores.
- Non esquecer plásticos na area, xa que terminan chegando ao mar.
- Non tirar restos de tabaco, é moi contaminante.
- Evitar os bronceadores solares químicos. Ademais de ser malos para nós, tamén o son para os seres vivos submarinos.
- Non deixar que ninguén, mergullándose, leve a súa casa un coral, unha estrela de mar... en definitiva, unha especie protexida. Sen elas os nosos mares morrerían.
Aquí tedes un video, do Ministerio de Ambiente de Perú, onde nos ensinan todo o fermosos que son, como se contaminan ao tirar lixo e o que podemos facer para coidalos.
Mañá luns, 5 de xuño, e o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano, o tema central é "conectar ás persoas coa natureza". O que se pretende é animar á xente a saír ao aire libre e tomar contacto coa natureza para apreciar a súa beleza e reflexionar sobre o moito que de ela dependemos.
Na aula de natureza, estivemos lendo o libro "El gran libro de la ecología" de Mary Hoffman e Ros Asquith. A través del, descubrimos como contribuir a coidar o noso planeta e ser un gran ecoloxista: cerrando os grifos, aforrando enerxía, cultvando plantas e árbores, reutilizando, reciclando...
Despois, fixemos unha ficha para lembrar este día e algunhas das cousas que podemos facer para que o noso planeta este máis coidado e fermoso.
Estes días non subimos ningunha entrada ao blog, xa que estamos preparando o traballo que imos presentar ao VII Concurso Escolar "Cuidamos el Medio Ambiente" (organizado por PRODUTOS IMEDIO S.A). É a nivel nacional e está dirixido a alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial.
Unha vez que o teñamos listo, subiremos algunha foto para dedes a vosa opinión.