martes, 19 de marzo de 2013

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DE…


Esta semana temos dúas celebracións na aula de natureza:

21 de marzo DÍA DA ÁRBORE

Con esta data o que se pretende é concienciar á xente da necesidade de protexer as árbores, xa que son moitos os servizos que prestan á vida e a actividade humana.
Entre os seus beneficios están: as súas follas fan diminuír a temperatura ambiental, provocan a choiva, producen osíxeno, reteñen as partículas contaminantes e o po do aire, filtran o vento, fan de pantalla contra o ruído , invitan a camiñar…

22 de marzo DÍA DA AUGA
Este ano 2013 foi declarado, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, “Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga”. O obxectivo e facer un chamamento para que todos tomen conciencia de que a auga é un elemento esencial para a vida do que moitos países escasean. Por cada gota de auga no mundo malgastamos moito, por iso hai que cooperar e entre todos tratar de aforrala.


Durante esta semana estamos facendo diversas actividades para conmemorar estas dúas datas. Unha vez rematadas, iremos compartíndoas a través do noso blogue.

martes, 12 de marzo de 2013

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Imos a iniciar un novo proxecto coa axuda da nosa mascota ROQUIÑA.


Foi creada por un dos noso alumnos e elixida polos mestres, de entre todas as que fixeron os nosos alumnos, coa misión de ensinar aos nenos cales son as cousas que podemos facer para protexer o noso Planeta e conseguir, deste xeito, que sexa máis bonito e saudable. Así, con ela, aprenderemos a: reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar (ríos, praias, lagos…), utilizar abonos naturais (composteira), non deixar lixo nin prender lume nos bosques…

Como punto de partida deste proxecto fixemos unha ficha onde había representado un bosque no que algunhas das cousas que aparecían estaban mal feitas (botaron o lixo polo chan e no río e non na papeleira e contedor como debería ser). Entre todos atopamos as cousas mal feitas e rodeámolas.


lunes, 4 de marzo de 2013

ROLO VEXETAL


Como xa medraron as leitugas que plantamos no noso invernadoiro, decidimos facer con elas unha receita á que puxemos por nome “rolo vexetal”.
Para a súa elaboración solicitamos ás familia, a través dunha nota, que o día que os nenos veñen a Leiro trouxeran: una rebanda de queixo e unha de xamón cocido. O resto dos ingredientes (base de biscoito, atún e queixo de untar) mercounos o colexio.

Os pasos para facelo foron os seguintes:

1º Fomos ao invernadoiro a buscar a leituga



2º Lavamos as súas follas


3º Partimos cada folla en anacos moi pequeniños


4º Estendemos o queixo de untar enriba da base de biscoito


5º Cada neno puxo as súas rebandas de xamón cocido

6º Botamos o atún

7º Despois a leituga
 

8º E por último, puxeron as súas rebandas de queixo

A continuación enrolamos a base de biscoito, con todos os ingredientes dentro, e puxémoslle papel de aluminio ao redor para compactar o rolo.

Cando chegou a hora da merenda… Todos a probalo!




Se queredes ver máis fotos de cada unha das aulas, estes son os enlaces: RIBADUMIA 4-5, SISÁN, RIBADUMIA 3-4, LOIS, LEIRO.
Na aula de natureza, fixemos unha ficha para lembrar o nome da receita e os ingredientes necesarios para preparala.

ANIMADEVOS A FACER, ESTA RICA RECEITA, NAS VOSAS CASAS…



jueves, 7 de febrero de 2013

PLANTAS AROMÁTICAS PARA O NOSO XARDÍN


Comezamos a plantar no parterre das plantas aromáticas… Foron os nenos da aula de Ribadumia 4-5 os encargados de realizar esta tarefa. Primeiramente, estivemos cheirándoas e comentado cales son as utilidades de cada unha (culinarias, medicinais…). Despois, saímos  ao “xardín dos sentidos” e puxémonos mans á obra…











Máis fotos AQUÍ.

miércoles, 6 de febrero de 2013

PLANTAMOS MÁIS LEITUGAS!


Estivemos plantando máis leitugas no invernadoiro para, ademais de sortealas, facer algunha receita con elas para as merendas. Os encargados desta tarefa, foron os nenos de Lois.
 
 
 
Neste ENLACE, tedes máis fotos.

PLANTIÑAS PEQUENAS DE REPOLOS E GRELOS


Cos nenos de Ribadumia 3-4 estivemos plantamos máis repolos.














E, tamén, as plantiñas pequenas que nos saíron das sementes de grelos.




 Se queredes ver máis fotos AQUÍ.

 


lunes, 4 de febrero de 2013

PLANTAMOS REPOLOS


Co xa temos o invernadoiro arranxado, estamos a enchelo de ricas verduras.
Hoxe tocoulle aos nenos de Leiro, que estiveron plantando repolos.
 
Máis fotos neste ENLACE.

SEMENTES DE CENORIA, CEBOLA VERDE E MILLO


Os alumnos de Sisán estiveron plantando sementes de cenoria e cebola verde. Cando medren transplantarémolas ao invernadoiro.
SEMENTES DE CENORIA


SEMENTES DE CEBOLA VERDE
















 Máis fotos neste ENLACE.

Tamén estiveron sementando millo (que trouxeron os papás de Albert) nos parterres do invernadoiro.


 





 
 
 
 
 
 
Se pinchades AQUÍ, podedes ver máis fotos.