viernes, 17 de octubre de 2025

QUE GRANDES SON OS XIRASOLS!

A profe Ángeles, tróuxonos algúns xirasols que xa morreron para que @s nen@s puideran ver o grandes que son e as súas sementes.

Primeiramente miramos na pantalla dixital o conto cantado “girasol” e tamén “Celeste  y el girasol” de Mempo Giardinelli. Esta última historia, esta narrada polo pai de Celeste, que observa día a día como a súa filla vai construíndo unha relación afectiva con unha flor de xirasol.

Despois cada alumn@ foi contando e collendo sementes da planta para metelas nun sobre e levar para casa.





Agora non poderán plantalas, terán que esperar ata a primavera para facelo e así ver como van medrando.

Para rematar, puxemos ao lado da planta e quitamos fotos para que @s nen@s comprobaran canto máis grande é que eles. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario