jueves, 16 de octubre de 2025

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, é o día da alimentación.

O obxectivo desta conmemoración é promover unha alimentación saudable e erradicar a fame. É moi importante que nen@s e adultos tomemos conciencian de que alimentos son fundamentais para o noso desenvolvemento físico e mental.

O tema deste ano 2025 é “Man da man por uns alimentos e un futuro mellores”. A través del queren expor as catro melloras que son necesarias: unha mellor produción, mellor nutrición, mellor medio ambiente e unha mellor vida.

Na aula de natureza, estivemos falando de que debemos comer e cales é necesario comer menos para crecer sans.


Despois lemos o conto “Sanotes, sanitos”, no que unha nena chamada Valentina sofre dor de barriga por comer demasiados doces. A súa nai explícalle que hai “bichiños” bos e malos no seu corpo, e que os malos aumentan cos doces, mentres que os bos coidan a saúde.

A través deste libro, a nutricionista Blanca García-Orea quere que dende pequenos se traballen os hábitos alimentarios saudables.



Despois cada nen@ díxonos cal e a verdura ou hortaliza e cal a froita que máis lle gustaba, e a continuación rodeounas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario