Na aula de natureza xa temos uns contedores para o lixo (plástico, orgánico e papel/cartón). Puxémoslle, enriba de cada un, imaxes de residuos para que @s nen@s saiban e acaben aprendendo o que podemos meter dentro.
Pero
queremos que sexan conscientes da importancia das 4R (reducir,
reutilizar, reciclar e renovar), por iso:
- Primeiramente
estivemos lendo o conto “Cuida tu
planeta” de Lauren Child (editorial Serres). Nel, un neno chamado Juan
ensina a súa irmá Totola como para coidar o medio ambiente. Primeiramente hai
que reducir o consumo, logo reutilizar os materiais e para finalizar reciclar.
Queremos
que entendan que xeramos moita cantidade de lixo e que isto inflúe
negativamente no medio ambiente. Polo que para protexelo temos que ir cambiando
algúns comportamentos.
- Despois
para repasar o que temos que meter en cada contedor, fomos rodeando ou tachando
segundo a cor do colector.
O que máis lles costou foi o do plástico, xa que nel non só metemos estes materiais senón tamén latas, poliespán, papel e bandexas de aluminio e cartóns de leite e zume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario