miércoles, 30 de abril de 2025

PLANTAMOS MAÍS VERDURAS E HORTALIZAS

Como xa só temos porros e acelgas no invernadoiro, esta semana estivemos plantando algunhas verduras e hortalizas máis.

LEIRO – LEITUGAS 


E PEMENTOS CELTAS

LOIS – CABACIÑAS

E COGOMBROS

martes, 22 de abril de 2025

OS INSECTOS PAU PUXERON OVOS!

Os insectos pau xa puxeron ovos, e estamos separándoos para outro habitáculo xa que son moi fráxiles.

Cando limpamos a casiña temos que mirar moi ben e ter coidado de non tirar os ovos, xa que poden confundirse cos excrementos. Teñen forma de cápsula ovalada con algo similar a un tapón de cortiza sobresaíndo de un dos extremos.


HAI MOITÍSIMOS!!

Agora temos que esperar, xa que a eclosión pode tardar entre 1 e 6 meses. 

Tamén queremos que vexades o moito que medraron os insectos pau.

viernes, 11 de abril de 2025

CADA RESIDUO NO SEU CONTEDOR

Na aula de natureza xa temos uns contedores para o lixo (plástico, orgánico e papel/cartón). Puxémoslle, enriba de cada un, imaxes de residuos para que @s nen@s saiban e acaben aprendendo o que podemos meter dentro.

Pero queremos que sexan conscientes da importancia das 4R (reducir, reutilizar, reciclar e renovar), por iso:


- Primeiramente estivemos lendo o conto “Cuida tu planeta” de Lauren Child (editorial Serres). Nel, un neno chamado Juan ensina a súa irmá Totola como para coidar o medio ambiente. Primeiramente hai que reducir o consumo, logo reutilizar os materiais e para finalizar reciclar.
Queremos que entendan que xeramos moita cantidade de lixo e que isto inflúe negativamente no medio ambiente. Polo que para protexelo temos que ir cambiando algúns comportamentos.

- Despois para repasar o que temos que meter en cada contedor, fomos rodeando ou tachando segundo a cor do colector.




O que máis lles costou foi o do plástico, xa que nel non só metemos estes materiais senón tamén latas, poliespán, papel e bandexas de aluminio e cartóns de leite e zume.   

ROMPERON O PLÁSTICO DO NOSO INVERNADOIRO

Estamos moi tristes, xa que este venres atopámonos con que outra vez romperon o plástico do noso invernadoiro.

No invernadoiro temos dúas ventás que permiten ver o que plantamos dentro, pero hai xente que segue facendo buracos no plástico. Este é moi caro e supón moito esforzo poñelo de novo (labor que temos que agradecer aos empregados do concello).

Por iso, pedimos que por favor respecten este espazo onde @s nen@s plantan as verduras que despois levan para degustar en familia. 

jueves, 10 de abril de 2025

IMOS DE EXCURSIÓN!!

Hoxe realizamos unha saída á ecogranxa Riomouro que é unha construción ecolóxica que pretende reflexar o seu compromiso coa tradición, o respecto pola natureza e a redución do impacto medioambiental.

Nela @s nos@s alumn@s puideron ver, tocar e interactuar con moitos animais como: burros, cabalos, cabras, coellos, ocas, galiñas, pitos, ovellas, can…


Ademais déronlle de comer e puideron coller no regazo aos coellos.

Plantaron leitugas en vasos reutilizables.

E déronlle unha merenda moi rica e saudable.

QUE BEN O PASARON!!

SAUDABLES RECEITAS CON LEITUGA E ACELGAS

Xa estamos recibindo algunhas ricas e saudables receitas realizadas coas leitugas e acelgas que levaron @s nen@s.








viernes, 4 de abril de 2025

XA TEMOS COLLEITA DE LEITUGAS E ACELGAS!

Algunhas das leitugasacelgas que plantamos no invernadoiro xa están listas para comer, por iso estamos facendo o seu sorteo entre o noso alumnado.