lunes, 17 de marzo de 2025

CANTAS COUSAS FACEMOS PARA COIDAR O NOSO PLANETA!

Hoxe puxemos en marcha o noso caderno viaxeiro que leva por título “Cantas cousas facemos para coidar o noso Planeta!”, que vai percorrer os fogares do noso alumnado.

Debido ao maltrato que está sufrindo o noso ecosistema, todas as persoas somos necesarias para coidar o que fomos destruíndo e deteriorando, e así pouco a pouco reparar os danos ocasionados nel. Neste sentido @s nen@s son fundamentais xa que representan o futuro, por isto debemos ensinarlles a ser coidadosos co Planeta e a levar a cabo pequenos xestos a favor de mantelo san. Deste xeito, lograremos acadar que todo o que realizamos con eles para preservalo acabe converténdose nun hábito cando vaian medrando.

Estamos seguros de que nas casas as familias están facendo moitas cousas positivas para tratar de coidar e preservar o medio ambiente (reciclar, reutilizar, facer compost, aforrar luz e auga, plantar, usar transporte público ou bicicletas para contaminar menos, utilizar bolsas de tea para as compras…).

Por iso, queremos que nos mostredes algunhas delas a través deste caderno viaxeiro. Deste xeito, todos iremos aprendendo todo o que podemos facer e incorporándoo a nosa vida diaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario