lunes, 27 de mayo de 2024

LOBELIAS E MÁIS BEGONIAS E ALEGRÍAS

 Esta semana estivemos plantando….

LOBELIAS – LEIRO


Tedes máis fotos pinchando AQUÍ.

BEGONIAS – RIBADUMIA B



Neste ENLACE hai máis fotos.

ALEGRÍAS – LOIS


AQUÍ podedes ver máis fotos.

BEGONIAS E TAXETES

Esta semana plantamos begonias e taxetes para seguir enchendo de flores o noso xardín.

RIBADUMIA A – BEGONIAS



Máis fotos pinchando AQUÍ.

SISÁN – TAXETES


miércoles, 22 de mayo de 2024

FESTA DOS MAIOS

Por fin hoxe, despois de ter que suspendelo pola choiva, celebramos a festa dos Maios.

A ANPA decorou portas e ventás.



E durante a mañá realizamos moitas actividades…

Fixemos cadenetas de pampullos.

Vimos o vídeo da canción “Lingua guapa” de Fina Casalderrey.

Divertímonos con xogos populares.



Merendamos riquísimos doces elaborados polas nosas familias.

E para rematar, cantamos e bailamos ao redor do Maio acompañados do grupo de gaiteiros Demos da Petaca e tamén do pais/nais e avós/avoas dos nosos alumnos.


QUE BEN O PASAMOS!!

martes, 21 de mayo de 2024

MOI MAL FEITO!!

Hoxe, cando chegamos á escola de Leiro e fomos regar as verduras, atopámonos con que romperan o plástico dun lateral da porta de acceso, e levaron dúas regadeiras e as cubetas de plástico que tiñan vasiños reciclados, onde plantamos sementes que xa estaban brotando.

É a segunda vez, xa que a outra foi tirando unha pedra contra a porta.

Estamos enfadados e tristes, xa que todo o que facemos é para que os nosos alumnos aprendan a respectar o medio ambiente e coidar o seu entorno. Por iso, tamén lle amosamos estas cousas, para que vexan que non todo o mundo o fai.

Esta vez a razón para rompelo, non foi coller as verduras senón levarse dúas regadeiras grandes que deixamos dentro do invernadoiro, cando hai vacacións de varios días. Así, podemos regar e evitar que se estraguen sen ter que entrar no colexio.  

Dende o curso pasado, estámonos atopando con máis problemas como:

- Xa por dúas veces, levaron o estanque que mercamos para os peixes.

- Metían lixo no deposito para recoller a auga da choiva, que mercamos este curso, e operarios do concello tiveron que vir a poñerlle unha rede metálica para evitalo. Tamén soen abrir a súa billa, de maneira que se perde toda a auga.

Rogamos á xente que fai estas cousas que pense no mal que está facendo, e que o único que acadan é dificultar o noso labor e o dos nosos alumnos, en prol dun mellor Planeta para todos. 

Tamén queremos dar as grazas a Inversalnes, que nos agasallaron cós plásticos e a cinta reparadora para arranxalo.

lunes, 20 de mayo de 2024

ARROZ CON POLO E PORROS E ENSALADA DE LEITUGA

Recibimos no noso correo a receita de “arroz con polo e porros” que preparou Yolanda, a nai de Suri e Omar, con esta hortaliza que levaron para comer na casa.



Tamén Mar, a mamá de Manu, mandounos unha foto da "ensalada" que fixeron coa leituga que lle tocou leituga que lle tocou.

Andrea, a nai de Adán, enviounos unha foto do seu fillo comendo a leituga en ensalada con merluza.

GRAZAS FAMILIAS POR ENVIARNOS ESTAS SAUDABLES RECEITAS!!

viernes, 17 de mayo de 2024

DÍA DA RECICLAXE

Hoxe, xoves 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén e o Día da Reciclaxe.

É moi importante ensinar aos nenos, dende pequenos, a xerar menos lixo, separar os residuos e reutilizar reforzando deste xeito os seus valores ecolóxicos e o seu compromiso co medio ambiente. Lembremos que eles van ter no futuro a chave do noso Planeta, por iso debemos educalos para evitar que cometan os mesmos erros que nós e para que logren construír un mundo mellor e máis sostible.

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Historia de una lata” de SM. Nel, este obxecto vai cambiando de forma xa empeza sendo unha lata de tomate, pero despois a usan como pelota, peto, maceta, lapiseiro… E vai cambiando de dono e de lugar, pero sempre acaba sentíndose contenta.

Tamén estivemos falando de Isatou Ceesay, que foi unha muller Africana á que chegaron a chamar “a raíña da reciclaxe”.

Ela, xunto con 4 amigas máis crearon na súa aldea de Gambia un Centro de Reciclaxe. Debido á situación de pobreza na que vivían, non había un sistema de recollida e tratamento dos residuos, polo que as persoas tiraban todo o lixo ao chan ou na parte de atrás das casas. Isto tiña como consecuencia, que moitos animais morrían ao comer os plásticos e, aparecían moscas e mosquitos que producían enfermidades.

Así que decidiron lavar as bolsas de plástico e utilizalas para confeccionar carteiras, bolsos, mochilas…, que despois vendían. Os cartos obtidos, serviron para pagar a escolaridade de nenos que non tiñan recursos económicos.


 

No CRA de Ribadumia, os nosos nenos tamén reciclan papel, plástico, material orgánico, pilas co noso boneco Piliñas e fan compost coas mondas das froitas e herbas malas que sacamos do noso xardín.






Tamén, as nosas familias, envían cousas que fan nas casas cos nenos reutilizando algúns obxectos no lugar detiralos.

miércoles, 15 de mayo de 2024

CREMA DE PORROS E ENSALADA DE LEITUGA

Irene, a mamá de Ana e Noa, enviounos unhas fotos das súas nenas comendo a crema de porros que prepararon con esta hortaliza que lles tocou.

 Leticia, tamén mandou unha foto da súa filla Aroa e Pablo comendo a leituga que levou para casa.

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!

QUE RECEITAS MÁIS RICAS E NUTRITIVAS!!

viernes, 10 de mayo de 2024

ALEGRÍAS, PETUNIAS E CELOSIAS

 Esta semana estivemos plantando máis flores no xardín.

LEIRO – ALEGRÍAS


Máis fotos AQUÍ.

RIBADUMIA A – PETUNIAS


Neste ENLACE tedes máis fotos.

SISÁN - CELOSIAS

AQUÍ podedes ver máis fotos.